O Cisne cae en Lalín (27-25) e segue sen gañar en 2013
Por Redacción
A maior intensidade do Balonmán Lalín, loitando por escapar dos postos de descenso, rematou por decidir o partido no Lalín Arena (27-25).
Os locais lograron unha renda de dous goles a partir do minuto 20 despois duns primeiros instantes de igualdade e a pesar dunha tímida reacción dos pontevedreses ao inicio do segundo período (19-20), souberon impoñerse e lograr así dous puntos vitais para as súas aspiracións.
O Cisne segue sen gañar en 2013 estancándose así na décima posición na táboa con 14 puntos.
BM LALÍN (27): Pablo, Ramón (2), Gustavo (7), Losón (3), ÿscar (2), Cristian (1), Marco (4), Durán, Adrián (4), Rubén (1), Tate (2), José (1), Canario.
CISNE BM (25): Lafuente, Martín (4), Javier (3), Simón, Pachi (6), Freiría (5), Puente (3), Galán, Chan, Picallo (1), Andrés (1), Casares (2), Edu, Rey.
Marcador cada cinco minutos: 3-3, 5-5, 7-6, 10-8, 13-12, 15-13, descanso, 17-16, 18-18, 19-20, 23-20, 25-23, 27-25.
Árbitros: Carla Diz e Ana Correa.
Incidencias: Partido disputado no Lalín Arena.