Respira o Marín que volve á senda do triunfo ao gañar merecidamente (1-0) ao Portonovo
Por Redacción
Paradoxos do fútbol. O Marín que atravesaba un mal refacho con tres derrotas consecutivas foi a endereitar o rumbo fronte ao rival máis complicado, un Portonovo que aspira ao ascenso e que se viu sorprendente pero xustamente freado en San Pedro polos de Toño Lodeiro que dominaron o partido e mesmo dispuxeron de ocasións para lograr un triunfo máis amplo.
A pouco de comezar Villaverde daba o primeiro aviso de que o Marín ía en serio. O seu disparo estrelouse na cepa do poste. Tampouco acertou Joaquín, nunha acción man a man co porteiro visitante.
Na segunda parte, cando todo indicaba que o marcador non se movería chegou o gol que deixaba os puntos na casa ao transformar Villaverde un disparo dende a frontal da área. Aínda habería tempo para a resposta do Portonovo, pero Pablo González salvou a ocasión de Martín no duelo entre ambos os dous.
MARÍN, C.F. (1): Pablo; Javi Doce, Agus (Romero, min. 88), Edu Corrales, Fumero; Tinaia (Hayk, min. 72), Joaquín (Eric, min. 59), André, Dani Domínguez; Villaverde e Agustín Doce (Borja Rial, min. 77).
PORTONOVO, C.F. (0): Marcos; Caste (Iván, min. 82), Melchor, Iván Renda, Muñiz; Víctor, Suso Vidal, Gándara (Bolo, min. 77), Martín; Nacho e Angelillo (Manu Sieiro, min. 65).
Árbitro: Hernández González (Ourense). Amoestou a Dani Domínguez, Tinaia, Fumero, Villaverde, Muñiz, Suso Vidal, Gándara, Víctor, Nacho e Martín, ademais do adestrador local, Toño Lodeiro.
Goles: (0-1) Minuto 83: Villaverde.
Incidencias: Campo Municipal de San Pedro (Marín). Preto de 250 espectadores.