Ribadumia e Arosa asinan un empate (0-0) que non satisfai a ningún
Por Redacción
Ambos os dous miraban o ascenso de esguello. As posibilidades, remotas no caso do Ribadumia, algo máis factibles as do Arosa, pasaban por unha vitoria no partido de rivalidade que enfrontaba a ambos os dous na Senra. Ningún dos dous conseguiu o obxectivo da vitoria, o que deixa aos de Gabi Leis en terra de ninguén e aos de Piscis na necesidade de protagonizar unha remontada épica e complicada para achegarse aos postos de honra.
Aínda que o xogo resultou un tanto espeso, os dous equipos tiveron opcións para desnivelar a contenda, as do conxunto visitante en disparos de Nando e Eloy e o Ribadumia nun remate de Chiño. De todos os xeitos a mellor ocasión tívoa o Arosa no primeiro tempo cun disparo afastado de Hugo que rozou a parte superior da cruceta.
Cun Ribadumia dominando territorialmente e un Arosa buscando unha contra salvadora, o partido rematou nun xusto reparto de puntos que non satisfai a ningún dos dous.
RIBADUMIA, C.F. (0): Juanjo, Luis Alberto, Lucas, Borja, Santos, Manu, Berto, Fernando, Manu Nieto, Changui e Chiño.
AROSA, S.C. (0): Jorge Pérez, Juanjo, Borja, Martín, ÿscar Guimerans (Julio Rey, min. 82), Rivas, Hugo, Vixo, Nando, Eloy (Pablo Barreiro, min. 91) e Jorge Comesaña.
Árbitro: Veiga Gómez (Pontevedra). Amoestou a Luis Alberto, Borja, Jorge Comesaña, Hugo e Vixo.
Incidencias: Campo da Senra. Algo máis de 400 espectadores que enchían a única bancada cuberta do campo.