Sete minutos de seca ofensiva levan o Cisne á derrota en Alcobendas (36-31)
Por Redacción
O Cisne estragou en pouco máis de sete minutos na segunda parte o excelente traballo que realizara na primeira. Nese curto espazo de tempo os de Jabato caeron nunha profunda fochanca de xogo que lles custou encaixar un severo parcial de 7-1 entre o minuto 43 e 50 de partido, para pasar de ir por diante (24-25) a ver como o Alcobendas sentenciaba o resultado ao seu favor.
Os madrileños, que chegaban ao partido coa necesidade de conseguir a súa primeira vitoria da tempada, aproveitáronse do baixón incomprensible do equipo pontevedrés, que despois de mandar e dominar durante boa parte do partido, veuse abaixo no último cuarto de hora, encaixando unha derrota ata certo punto lóxica pola categoría do rival, un dos grandes da categoría, pero dolorosa pola forma en que se produciu.
Cun xogo fluído, o equipo branco dominou ao seu rival nos primeiros 30 minutos, nos que foi dono do partido, logrando unha máxima diferenza de catro goles (11-15) a falta de pouco máis de sete minutos para o descanso, que os madrileños reducirían a un só gol (16-17) antes de retirarse a vestiarios.
Pero a segunda parte tivo outra cor. Alcobendas pronto logrou poñerse por diante, aínda que as alternativas con vantaxes mínimas para un e outro, e os empates eran unha constante, nun partido marcado pola igualdade ata o minuto 42. Aí o Cisne aínda mandaba, pero o equipo veuse abaixo e os madrileños lograron ese demoledor parcial de 7-1 para poñerse 31-26, a falta de dez minutos.
Os galegos xa non foron capaces de reaccionar e terminaron perdendo por un claro 36-31, que non reflicte o preto que os de Jabato estiveron de conseguir os seus primeiros puntos a domicilio.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Unha mala primeira parte condena o Cisne en Palma del Río (29-27)
Por Redacción |
-
Palma del Río, reto aínda máis difícil para o Cisne
Por Diego Espiño |
-
Excesivo castigo do Barcelona a un digno Cisne que cede na segunda parte (28-35)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne inicia en Alcobendas a súa semana máis complicada
Por Diego Espiño |
-
Pablo Rey leva ao Cisne á segunda rolda de copa eliminando ao Grupo Covadonga (31-29)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne, pletórico de moral antes de empezar o "Tourmalet"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne vence e convence nun gran partido ante Alarcos Ciudad Real (29-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |