Máis de 1.100 inscritos na Medio Maratón Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño
A inscrición para a carreira péchase o próximo luns, pero a Medio Maratón Cidade de Pontevedra xa é un éxito de participación. 1.112 corredores confirmaron a súa asistencia o 21 de outubro a unha proba xa consolidada no calendario na súa décimo sétima edición.
Espérase que o número de deportistas siga crecendo, aínda que Ramón Touza, presidente da Sociedad Gimnástica, pon como límite os 1.500 inscritos, "más no nos interesa porque sería muy difícil de controlar para la organización".
Entre os atletas destaca a presenza de varios deportistas de elite como Elías Domínguez, Rafael Fuentes, Ihssa Lehili, José Antonio Ramallo ou Gustavo Nieves en categoría masculina e Eva Iglesias, Fátima Pérez e Esther Pedrosa entre as mulleres.
Serán 21 quilómetros e 27 metros de percorrido polas rúas de Pontevedra, con saída na rúa José Malvar e final na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.