O Ciudad de Pontevedra decide crear un equipo de fútbol feminino para a próxima tempada
Por Redacción
O Ciudad de Pontevedra Club de Fútbol empezou os trámites para a formación dun equipo feminino, que se sumará ao conxunto masculino que milita na segunda rexional.
Segundo anunciou nun comunicado, o club "no seu afán por seguir crecendo e aumentar a súa estrutura deportiva aposta polo fútbol delas para cubrir o actual vacio en que quedara o futbol feminino pontevedrés". Así o Ciudad de Pontevedra, que empezará a competir na Liga Galega, acomapañará ao Salcedo como único club do concello de Pontevedra tras a desaparición da división feminina do Pontevedra CF.
O proxecto, que coincide co quinto aniversario da entidade, ten xa perfilado o equipo, pero fai un chamamento a todas aquelas xogadoras que queiran formar parte deste. As interesadas poden poñerse en contacto co equipo a través da web www.ciudaddepontevedra.es, do correo electrónico ciudaddepontevedra@hotmail.com ou achegándose ao adestramento do conxunto masculino na Xunqueira os xoves e venres ás 22:00 horas.