A directiva do Marcón ameaza con dimitir en bloque ao sentirse como cabeza de turco da Federación
Por Diego Espiño
A resolución do Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol sancionando ao Marcón Atlético polos insultos racistas dun grupo de afeccionados do Carrasco no duelo ante o San Martín, indignou á directiva do club pontevedrés.
"No es por la sanción en sí", recoñece o seu presidente, Carlos González, xa que "el Marcón está en contra del racismo. Los gritos racistas no se pueden permitir en un campo de fútbol", recoñece. O que sentou mal é o que entenden como un agravio comparativo ao xulgar o que recolle o acta arbitral.
"El Comité cuando hay una sanción se ceba con el Marcón", acusa o dirixente, que alude directamente ao apartado de "incidencias" no acta arbitral do choque, que recolle tamén o intento de agresión do futbolista do San Martín insultado, Carlos Sánchez, a un afeccionado.
En concreto o colexiado sinala que no descanso o xogador visitante quixo enfrontarse cun seguidor local, sendo controlado polos seus compañeiros. Despois, ao final do partido o árbitro describe como este futbolista "salió a la carrera hacia el graderío intentando agredir a un aficionado por medio de un puñetazo sin llegar a impactar en nadie" ata que foi "sujetado por compañeros de su equipo e introducido en el vestuario".
Non entenden no club pontevedrés que feitos como este non fosen castigados cando fai escasas xornadas a un dos seus xogadores, Gelillo, sancionárono con seis encontros de suspensión "por encararse con un rival dentro del campo".
Por ese motivo, e ao sentirse permanentemente agraviados, o presidente e o resto da súa directiva ameazaron como dimitir en bloque "mientras el Comité o la Federación no se pronuncien".
SANCIÓN PARA OS AFECCIONADOS QUE PROFERIRON INSULTOS RACISTAS
En canto aos afeccionados que proferiron os insultos, reflectidos no acta con expresións como "negro de mierda", "mono" ou "vete para Melilla", o Marcón Atlético asegura que os sancionará. "Tenemos el partido grabado, los vamos a identificar y a sancionar a nivel de club", sinalou a PontevedraViva Carlos González.
Relacionadas:
-
RADIO.- Que lle preguntas aos teus fillos: gañaches o partido? ou divertícheste?
Por Marisa Ciordia |
-
A porta pechada non detén a un bo Marcón, que vence ao Chaín e axexa o liderado
Por Redacción |
-
O Marcón tira de enxeño para que os seus afeccionados poidan ver o choque a porta pechada ante o Chaín
Por Redacción |
-
Xornada de empates para Marcón e Pontevedra B
Por Redacción |
-
Un partido a porta pechada e multa económica ao Marcón por insultos racistas dalgúns dos seus afeccionados
Por Redacción |
-
O Marcón colle velocidade de cruceiro e o Pontevedra B logra o seu segundo triunfo consecutivo
Por Redacción |