Carlos García Alén: "No va a ser un camino de rosas, pero podemos asegurar que el Teucro es viable"
Por Alejandro Espiño
Con esa frase resumiu o presidente do Teucro, Carlos García Alén, a situación económica do club tras saír do proceso concursal "en tiempo récord". Un proceso grazas ao cal a débeda do Teucro reduciuse notablemente. Fronte aos 1.842.732 euros que se debían hai apenas seis meses, o club terá que pagar 1.058.729 euros, é dicir, case 800.000 euros menos.
"Sentimos no poder hacer frente a toda la deuda, por el perjuicio que podemos causar a un gran número de acreedores", sinalou Carlos García Alén. "Estaba en juego la desaparición del club, lo que habría provocado que no pudiésemos hacer frente a deuda alguna". Entrar en concurso, recoñeceu, non foi unha decisión doada "pero si no la hubiésemos tomado entonces, el club ahora mismo habría desaparecido".
En concreto, destacou que máis da metade dos acredores do Teucro (un 56 por cento da débeda total) aceptaron unha quita dun 50 por cento e unha espera de cinco anos. Iso non inclúe os denominados acredores privilexiados, aqueles cuxa débeda quedou fóra do proceso concursal, ben porque se trata de administracións públicas ou porque se trata de acredores cuxo cobro foi ordenado xa por un xulgado.
No caso do Teucro trátase de 274.000 euros que o club debe á Axencia Tributaria e a Seguridade Social "retenciones o cuotas de IVA impagadas que vienen de la época de Evaristo Estévez como presidente", sinalou o actual presidente, ou de cantidades pendentes de pagamento a traballadores e ex xogadores que denunciaron ao club como Coque Fontenla (24.000 euros) e Rafa Dasilva (6.000 euros).
Débeda anterior | Débeda actual | |
Axencia Tributaria | 223.230,26 | 223.230,26 |
Seguridade Social | 13.285,03 | 13.285,03 |
Ex xogadores | 32.007,93 | 32.007,93 |
Traballadores | 6.203,21 | 6.203,21 |
TOTAL: | 274.727,13 | 274.727,13 |
Estas cantidades deberán empezar a pagarse a partir do 4 de abril de 2013, aínda que o proceso concursal insta a ambas partes a negociar un plan de fraccionamento "para no perjudicar el plan de viabilidad", sinalou Carlos García Alén.
Será difícil chegar a un acordo con Coque Fontenla e Rafa Dasilva, din desde o Teucro, "debido a su beligerancia e intransigencia"
Cuns, dixo, será fácil, xa que se iniciaron os contactos, pero con outros, entre os que citou aos dous ex xogadores, non tanto, "debido a la beligerancia e intransigencia que han demostrado todos estos años".
Pero a maior parte da débeda do Teucro é cos chamados acredores ordinarios. A eles, trala saída do proceso concursal, débeselles uns 526.000 euros. Trátase de cantidades relacionadas coa Axencia Tributaria, Seguridade Social, préstamos de socios (na súa maior parte directivos), préstamos a bancos, exxogadores, corpo técnico e plantilla actual e, sobre todo, empresas. A estas últimas, haberá que pagarlles máis de 328.000 euros.
Débeda anterior | Débeda actual | |
Axencia Tributaria | 170.336,53 | 85.168,27 |
Seguridade Social | 11.741,79 | 5.870,90 |
Préstamos de socios | 107.509,79 | 53.754, 90 |
Préstamos de bancos | 16.581,97 | 8.290,99 |
Ex xogadores/técnicos | 69.629,57 | 34.814,79 |
Xogadores/técnicos | 20.887,50 | 10.443,75 |
Empresas privadas | 657.043,13 | 328.521,57 |
TOTAL: | 1.053.730,28 | 526.865,14 |
Todos eles cobrarán mediante un calendario de pagamentos establecido polo convenio que se aprobou no proceso concursal. Neste caso, o 30 por cento desta débeda terá que ser satisfeita entre 2014 e 2015 (a razón dun 15 por cento cada ano), o 20 por cento do total pagarase en 2016 e completaranse os abonos en 2017 e 2018 cun 25 por cento da débeda en cada un dos exercicios.
E que pasa co resto da débeda? Pagarase a partir de 2019. ÿ a denominada subordinada. Tras aplicar a quita do cincuenta por cento, ascende a algo máis de 257.000 euros. A maior parte, recalcou Carlos García Alén, procede tamén da presidencia de Evaristo Estévez. Serían sancións, intereses de demora ou recargos da Axencia Tributaria ou a Seguridade Social, e pequenos pagamentos a bancos, ex xogadores, directivos e pequenas empresas.
Débeda anterior | Débeda actual | |
Axencia Tributaria | 478.871,97 | 239.435,99 |
Seguridade Social | 7.912,59 | 3.956,30 |
Préstamos de bancos | 653,62 | 326,81 |
Ex xogadores | 2.284,68 | 1.142,34 |
Directivos | 24.024,54 | 12.012,27 |
Empresas privadas | 527,44 | 263,72 |
TOTAL: | 514.274,84 | 257.137,42 |
Segundo reflexa o plan de viabilidade da entidade, o Teucro deberá consignar uns 120.000 euros en 2014 para satisfacer o primeiro destes pagamentos. "Tenemos que pagar obligatoriamente 49.000 euros", di Carlos García Alén, ao ser a débeda coa Seguridade Social e a Axencia Tributaria. Con respecto ao resto, esperan poder reducila mediante "condonaciones, acuerdos de publicidad y negociaciones con los acreedores".
Ademais, Carlos García Alén asegura que trala saída do proceso concursal o Teucro ten garantida a súa viabilidade "tanto si mantenemos la categoría como si finalmente ascendemos, lo que nos ayudaría mucho, sin duda". En todo caso, reiterou o seu chamamento a unha maior implicación da cidade co club. "Que despierten de su letargo", dixo. "Nos tienen medio olvidados y es hora de recuperar a todos aquellos que han dejado de venir al balonmano"