O Lealtad de Villaviciosa, pedra de toque da reacción granate
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol afronta este domingo (12:00 horas, TVG2), unha complicada saída na que ten a opción de certificar definitivamente a súa recuperación para consolidarse na cuarta posición.
Os granates visitan o Lealtad de Villaviciosa asturiano, un equipo que encadea tres derrotas consecutivas pero que no seu estadio, Les Caleyes, móstrase como difícil de bater. Alí gañaron só tres equipos esta campaña (Celta B e Real Racing ao comezo de liga e recentemente o Palencia).
As principais dúbidas que afronta Luisito para este partido é, por unha banda, se outorga a titularidade a Mario Barco e a outra quen sustiturá ao sancionado Jacobo Trigo.
No caso do dianteiro, que volveu ao equipo tras a súa lesión pola porta grande ante o Burgos, segue con moletias no seu nocello e tentando recuperar canto antes o ritmo de competición, polo que aínda que xa está listo para xogar a súa presenza no once inicial non é segura.
No Lealtad pola súa banda Roberto Aguirre recupera a Álex Belda, polo que só contará coas baixas de longa duración de Iván Garrido e Juan Cueto.
O colexiado do encontro será o Daniel Palencia Caballero, da delegación territorial vasca.
Relacionadas:
-
Gol de ouro de Mario Barco para tombar ao Lealtad (0-1) no último suspiro
Por Diego Espiño |
-
Unha 'sesión vermú' amenizará a previa do partido entre Pontevedra e Valladolid B
Por Redacción |
-
Apoio do Pontevedra á campaña de mecenado para a investigación sobre a biopsia líquida
Por Redacción |
-
Con Mario Barco volven os goles a Pasarón e o Pontevedra remonta ante o Burgos (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |