A Federación Galega de Fútbol estrea a súa nova sede pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado
A Federación Galega de Fútbol (FGF) inaugurou este venres a que será a súa nova sede na cidade de Pontevedra.
As oficinas están situadas na Rúa Luís Otero, tras o Fondo Norte do Estadio Municipal de Pasarón.
Acollerán a partir de agora a sede da Delegación de Pontevedra da FGF, da delegación territorial do Comité Técnico de Árbitros e da Mutualidade de futbolistas.
Ao acto de inauguración acudiron, entre outros, o presidente da FGF, Rafael Louzán, o delegado pontevedrés da federación, Jaime Otero, a concelleira de Deportes da cidade, Anxos Riveiro, e distintas autoridades e representantes do estamento arbitral e clubs da provincia.