Bueu e Poio, escenario da primeira proba da Liga Española de Orientación en BTT
Por Redacción
Todo preparado para que a próxima fin de semana se poida disputar o PonteOriBike2017, primeira proba de Liga Española de orientación en Bicicleta de Montaña e tamén Campionato Galego MTBO.
O Club Aromon Pontevedra está detrás da organización da cita deportiva, que servirá de preparación para o Campionato de España da especialidade que acollerá Pontevedra en 2018.
O campionato consta de dúas probas: unha de Distancia Media, o día 11, en Ermelo-Pastoriza (Bueu) e outra de Distancia Longa, o día 12, na Escusa (Poio). A suma dos resultados en ambas as dúas clasificará aos competidores para o Trofeo Marco Antonio Blanco, en honra a un compañeiro do club recentemente falecido.
Ademais, os deportistas federados por un club galego loitarán polo título de campión autonómico, que tamén sairá da suma de resultados.
Esta previsto que participen durante toda a fin de semana ao redor de 160 deportistas, estando programadas as saídas ás 10:30 horas no caso do sábado 11 e das 9:30 horas o domingo día 12.
Relacionadas:
-
As condicións meteorolóxicas, protagonistas do PonteOriBike 2017
Por Redacción |
-
Inicio esperanzador para a nova escola de orientación deportiva
Por Redacción |
-
Primeiros pasos da tempada para o Club Aromon Pontevedra nas ligas de orientación
Por Redacción |
-
Montañeiros A Roelo traballa na creación dunha escola deportiva de orientación
Por Diego Espiño |