Desde Ponte Caldelas ata o Campionato de España de Rallyes
Por Redacción
O equipo caldelano JKN Competición quere subir o nivel participando nun par de probas do Nacional de Rallyes.
O piloto José Manuel Baqueiro e o seu copiloto, Marcos Díaz, pretenden afrontar dúas probas do Campionato de España de Rallyes, polo menos tres do Campeoanto Galego e ao completo o calendario do Campionato Galego de Montaña, no que Ponte Caldelas será sede por segundo ano dunha das probas puntuables.
Ambos foron os protagonistas do acto celebrado a pasada fin de semana no pavillón da localidade, no que presentaron "un coche puro de rally e con magníficas prestacións non que levábamos tempo traballando", recoñeceu Marcos Díaz.
O seu novo coche de competición é un vehículo baseado nun Ford Escort MK1 de 1968 que combina versatilidade e potencia.
O equipo JKN Competición formouse en 2004 para participar no Rally Rías Baixas cun Citroen ZX, crecendo desde entón ata consolidarse dentro do panomara galego.