Baltar e A Senra engalánanse para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción
Os campos de fútbol de Baltar, en Portonovo, e A Senra, en Ribadumia, lucirán as súas mellores galas para acoller o vindeiro luns 1 de maio os cuartos de final da Copa de Campións de fútbol xuvenil.
Os preparativos comezaron en ambos os campos, que presentarán unha imaxe moi mellorada empezando polo céspede, onde unha empresa contratada pola Federación Galega de Fútbol leva semanas realizando traballos para que estean en óptimas condicións para a competición.
A excepción do Celta pola súa proximidade, o resto de equipos participantes empezarán a chegar este venres ás Rías Baixas, aloxándose en hoteis do Grove e Sanxenxo. É o caso do vixente campión do torneo, o Málaga, que será o primeiro en chegar.
O sábado o propio equipo malagueño e tamén a UD Las Palmas adestrarán no campo de Zacande, en Meis, ás 11:30 e ás 18:00 horas respectivamente. Pola súa banda o domingo Málaga, Osasuna e Villarreal está previsto que se exerciten no Monte da Vila do Grove, mentres Las Palmas farao no Mosteiro.
Relacionadas:
-
Cheo na Senra e Baltar para gozar da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Á venda as entradas para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Horarios confirmados para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Sorteados os cruzamentos da Copa de Campións de fútbol xuvenil que se xogará en Portonovo e Ribadumia
Por Redacción |
-
Baltar e A Senra, confirmadas como sedes da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
RADIO.- As Rías Baixas acollerán xunto a Ourense a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Diego Espiño |