Despedida do Cisne ante a súa afección coa visita do Amenabar Zarautz ao CGTD
Por Redacción
Último partido da tempada na casa para un Club Cisne Balonmán que quere despedirse da súa afección con bo sabor de boca.
Despois dunha tempada sobresaliente, especialmente como local, na que mesmo se permitiron soñar con xogar a fase de ascenso á máxima categoría, o equipo pontevedrés quere conseguir un triunfo que lles permita pechar a liga na mellor posición posible.
Será un partido con pouco en xogo máis aló do orgullo de ambos os contendentes, xa que os de Jabato reciben este sábado (19:00 horas) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva a un Amenabar Zarautz que conseguiu a pasada xornada a permanencia matemática na División de Honra Prata.
Tras este partido o Cisne pechará a competición cun desprazamento o 13 de maio á pista do Zamora.
Os colexiados designados para o partido ante o Zarautz son os castelán-leoneses Colmenero Guillén e Rollán Martín.
Relacionadas:
-
O Cisne cumpre o expediente gañando a Zarautz (32-27) e Toño Lafuente anuncia a súa retirada
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
A necesidade de BM Nava pode coa desidia visitante do Cisne (32-27)
Por Redacción |
-
Torrelavega enterra as ilusións dun Cisne que cede coa cabeza alta (25-26)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |