VÍDEO.- Para lembrar as xestas do Pontevedra... 'primeiro hai que vivilas'

Por Redacción
Na historia recente do Pontevedra Club de Fútbol todo afeccionado lembra grandes momentos, como os ascenso a Segunda División en 2004 ou o de hai só dúas tempadas a Segunda B, entre outros.
Pero para lembralos "primeiro hai que vivilos". Así o sinala o vídeo elaborado polo realizador pontevedrés, e gran afeccionado granate, Pablo Cacheda para celebrar a clasificación do equipo granate para o play-off, animando aos seguidores a que acudan en masa a gozar da fase decisiva da tempada.
No vídeo, ademais de imaxes recentes pode escoitarse parte da narración do ascenso a Segunda de Ramiro Espiño na Cadea SER ou da Televisión de Galicia no recente ascenso ante o Haro rioxano, en 2015. Momentos importantes que son xa parte da historia do club.
Ademais de imaxes propias, o vídeo foi elaborado con recursos da TVG e sacados do portal Youtube.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist de...: "Volvemos a primera" con Pablo Cacheda
Por Marisa Ciordia |
-
Mieres, banco de probas do Pontevedra pensando na fase de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Capi lesiónase e periga a súa presenza no play-off
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra xa mira cara aos seus posibles rivais no play-off de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Billete para o play off. O Pontevedra permítese soñar ao impoñerse a unha "motivada" Arandina (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |