A Brilat súmase ao azul do Teucro e a súa campaña Es un 10"
Por Redacción
O persoal da Brilat gozou este mércores do balonmán cun partido amigable entre o primeiro equipo do Teucro e membros da Unidade, despois do anuncio da Brigada de colaborar coa difusión da campaña "Es un 10. Contigo, sempre Teucro" coa que a entidade pontevedresa busca fondos que lle permitan salvar a tempada.
Nun pavillón repleto, o da Base General Morillo, os xogadores azuis e os soldados gozaron dun bo espectáculo e un grande ambiente coa esperanza de que algúns dos asistentes se decida a partir de agora a sumarse aos partidos no Municipal e apoiar ao conxunto azul na súa loita por alcanzar o play-off de ascenso.
Polo de pronto, o compromiso adquirido pola Brilat é que preto de 300 soldados e a banda de música da Unidade acudirán o día 20 de abril ao encontro entre os azuis e o Ángel Ximénez.
O resultado do encontro foi de 29-15 a favor do Teucro.