Outra renovación clave para o Teucro, que consegue a continuidade de José Manuel Rial
Por Ramiro Espiño
Tras as renovacións de Javi Santana e Carlos García, o Teucro volve recibir unha boa noticia ao asegurarse a continuidade doutro dos homes importantes do persoal despois de aceptar o lateral vigués José Manuel Rial a oferta de renovación que lle realizou o equipo azul.
Jose Manuel Rial chegou ao Teucro en xuño de 2011, procedente do BM Granollers, e tras dúas boas tempadas no conxunto azul fixo as maletas rumbo á liga ASOBAL. Despois de xogar competición europea co BM Aragón chegaron tempos difíciles para o conxunto aragonés e Rial acabou a tempada xogando no Naturhouse La Rioja.
Na tempada 2014/2015 vestiu a camiseta do Juanfersa Gijón, co que non puido manter a categoría pero co que alcanzou as semifinais da Copa do Rey. Xa como home asentado na liga ASOBAL, Rial regresou ao Teucro despois de que os pontevedreses conseguisen o ascenso á máxima categoría.
Co conxunto azul Rial fixo unha boa tempada a pesar do descenso, continuando no equipo, nun ano no que non puido achegar por unha lesión de ombreiro, da que con todo se recuperou a tempo para ser peza importante no ascenso, especialmente en labores defensivos, xa que a súa recuperación coincidiu coa desafortunada lesión de Johnny Medina.
"Xa teño moitísimas ganas de que comece a tempada. Estou ansioso por volver competir ao meu mellor nivel. Esta pasada tempada non puiden axudar ao equipo como me gustase e estou con moitas ganas de empezar a xogar", contaba Rial tras pechar a súa renovación coa SD Teucro.
Relacionadas:
-
Laura del Castillo, nova responsable da base do Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro 'pesca' en Italia a súa primeira fichaxe para a Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Juan Quintas amplía o seu contrato co Teucro por unha tempada
Por Redacción |
-
Carlos García, renovado: a SD Teucro seguirá contando co seu capitán en Asobal
Por Alejandro Espiño |
-
García Pichel abandona a SD Teucro tras catro tempadas no club
Por Redacción |
-
Nova baixa na SD Teucro: o central Román Pereira non seguirá no club
Por Redacción |
-
Javi Santana seguirá defendendo a portería do Teucro en Asobal
Por Alejandro Espiño |