O Teucro 'pesca' en Italia a súa primeira fichaxe para a Liga Asobal
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro recorreu ao mercado internacional para pechar o primeiro reforzo para a tempada do seu regreso á máxima categoría.
O club pontevedrés anunciou a contratación do italiano Giuseppe Colasuonno, que asina por unha tempada con opción a unha segunda.
Colasuonno é un pivote de 22 anos que chega procedente do Albatro Siracusa do seu país, tras un paso pola liga francesa. No país veciño militou no US Cretéil, ao que chegou con só 18 anos e co que ascendeu á LNH, primeira división de Francia. Con todo, con poucas oportunidades, acabou fichando polo Belfort Handball, club co que disputou a fase de ascenso á Proligue.
Caracterízase por ser un xogador de grande envergadura, grazas aos seus 1,97 metros de altura e 106 quilos de peso, o que lle converte en "un pivote completo que nos pode achegar tanto en ataque como en defensa", sinalou o que será o seu novo adestrador Quique Domínguez.
Giuseppe Colasuonno cubrirá a vacante deixada no plantel por Samu Gómez, que despois de dúas tempadas en Pontevedra non seguirá defendendo a camiseta teucrista.
Relacionadas:
-
Giuseppe Colasuonno, un pivote italiano no que o Teucro depositou "moitas esperanzas"
Por Alejandro Espiño |
-
Edu Moledo renova por unha tempada co Teucro
Por Redacción |
-
Renovación de Iván Fernández nun Teucro que ten case perfilado o seu plantel
Por Redacción |
-
O brasileiro Bruno de Castro, reforzo dun Teucro que camiña cara a internacionalización
Por Redacción |
-
A fichaxe do cubano Yoan Balázquez polo Teucro, pendente do recoñecemento médico
Por Diego Espiño |
-
Laura del Castillo, nova responsable da base do Teucro
Por Redacción |
-
Juan Quintas amplía o seu contrato co Teucro por unha tempada
Por Redacción |
-
Outra renovación clave para o Teucro, que consegue a continuidade de José Manuel Rial
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García, renovado: a SD Teucro seguirá contando co seu capitán en Asobal
Por Alejandro Espiño |
-
García Pichel abandona a SD Teucro tras catro tempadas no club
Por Redacción |
-
Nova baixa na SD Teucro: o central Román Pereira non seguirá no club
Por Redacción |