Bueu di adeus unha fin de semana de culto ao balonmán praia
Por Redacción
Emoción ata o final viviuse no torneo do ciruito nacional Arena 1.000 de balonmán praia celebrado durante toda a fin de semana no areal de Banda do Río, en Bueu.
Despois da fase de grupos e unhas apaixonantes eliminatorias, o Ciudad de Málaga proclamouse vencedor na categoría masculina ao superar nos shoot-outs ao Palletways Verallia Azuqueca.
Tamén foi igualada a final feminina, nun duelo andaluz entre Balonmano Playa Algeciras e Grupo Llopis Sevilla que se decidiu no quinto lanzamento da quenda definitiva en favor das primeiras.
En resumo bo ambiente na area e nas bancadas para gozar dunha competición que non defraudou ao numeroso público asistente.
Relacionadas:
-
Bueu volverá organizar dous anos despois unha proba do Arena Handball Tour de balonmán praia
Por Redacción |
-
Marín, confirmado como sede dun torneo do circuíto Arena 500 de balonmán praia
Por Diego Espiño |
-
Os pontevedreses PTV HandStrand, campións galegos de balonmán praia
Por Redacción |
-
Todo preparado en Bueu para repetir experiencia no circuíto nacional Arena 1.000 de balonmán praia
Por Redacción |
-
Continuidade para o torneo de balonmán praia de Baltar
Por Redacción |