O pivote Daniel Ramos, presentado oficialmente como novo xogador do Cisne

Por Diego Espiño
O Cisne ten xa practicamente pechado o seu plantel para competir un ano máis na División de Honra Prata, despois de presentar este xoves oficialmente ao pivote Daniel Ramos como novo xogador do equipo.
Coa chegada de Ramos e o reforzo na portería pechado, o club afánase agora en buscar un extremo dereito que complete as 15 fichas coas que contará no primeiro equipo.
O pivote silledense, de só 17 anos, chega a Pontevedra procedente do Fútbol Club Barcelona, co que chegou a debutar na Liga Asobal pero que decidiu rescindir o seu contrato ao recomendarlle o corpor médico baixar o seu nivel de esixencia por mor dunha hernia discal.
"Agora depois de todo o verán recuperando fisicamente estou mellor, e espero chegar a pretempada moito mellor", asegurou o xogador na súa presentación.
Internacional en categorías inferiores, Daniel Ramos tivo en conta os seus estudos e o feito de estar na casa para escoller a opción do Cisne.
"Ha bajado un escalón para dentro de dos años poder subir más fuerte", completou á súa vez o presidente cineísta Santiago Picallo, convencido de que o xogador, formado no Lalín, achegará moito ao equipo.
Os de Jabato apuran estes días as vacacións antes de iniciar a pretempada o próximo 1 de agosto.
Relacionadas:
-
Continuidade na campaña de abonados do Cisne para a súa terceira tempada en Prata
Por Diego Espiño |
-
O Cisne pon fin ao seu descanso estival e comenza coa pretemporada
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Cisne arrancará a liga o 9 de setembro na pista do Sinfín cántabro
Por Redacción |
-
Daniel Tolmos reforza a primeira liña do Cisne
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Alex Pombo e Adrián Menduíña, cambio de extremos entre Cisne e Cangas
Por Diego Espiño |
-
O Cisne reforza a súa aposta na División de Honra Prata
Por Diego Espiño |