Chegar aos 2.000 socios, obxectivo do Teucro nunha ambiciosa campaña de abonados
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro desvelou este mércores una das principais incógnitas de cada verán, o prezo dos abonos para a próxima tempada, na que regresará á máxima categoría do balonmán nacional.
Os prezos serán "similares" aos da pasada campaña, con lixeira subida na categoría xuvenil ou de estudantes e bonificados pero con idéntica cota para o público adulto.
"Queremos involucrar a la comarca", asegurou o presidente azul, Carlos García-Alén, que marcou un amicioso obxectivo para a campaña de socios, alcanzar a cifra de 2.000 abonados (o último ano foron 1.146 as persoas que retiraron o seu carné).
"Nos va a costar mucho llegar a los 2.000 pero creo que es posible", defendeu o dirixente coa intención de "obtener unos recursos importantes" para a entidade e de paso aumentar a cifra de asistencia media aos encontros que se disputen no Pavillón Municipal dos Deportes.
Desta forma, o prezo dos carnés será o seguinte:
CATEGORÍA | PRECIO |
Infantil | 15 euros |
Xuvenil | 35 euros |
Xubilados, estudantes e parados | 60 euros |
Senior | 100 euros |
Familiar | 180 euros |
Protector | 275 euros |
Os abonos darán dereito a presenciar todos os partidos da Liga Asobal, e poderán retirarse nas oficinas do club no Pavillón Municipal dos Deportes de 9:00 a 13:00 horas ou contactando coa entidade a través do correo electrónico socios@teucro.com.
A idea da campaña de socios, cuxo lema é 'Acompáñanos', é homenaxear a toda a familia teucrista e á base do club, que estará reflectida nos carnés cunha imaxe de Diego Torrado, fotógrafo de PontevedraViva.