Edu Moledo renova por unha tempada co Teucro
Por Redacción
Fíxose de rogar pero finalmente é xa unha realidade. A Sociedad Deportiva Teucro anunciou este venres a renovación por un ano do extremo dereito Edu Moledo.
O extremo cangués, aos seus 30 anos, cumprirá así a súa cuarta campaña no equipo e volverá gozar da máxima categoría, algo para o que recoñece estar "moi motivado".
"Tiña moitas ganas de volver xogar na Liga Asobal. Traballarei para que sexa un bo ano", declarou tras a renovación Moledo, que compartirá posto de novo con Ángel Iglesias.
Coa súa renovación o Teucro practicamente completa o plantel con 14 xogadores en nómina, debido ás fichaxes do pivote italiano Giuseppe Colasuonno e o lateral brasileiro Bruno de Castro e ao seguir un ano máis Jorge García Lloria, Javi Santana, Carlos García, Óscar Silva, Jose Manuel Rial, Borja Méndez, Dani Hernández, Ángel Iglesias, Johnny Medina, Iván Fernández, Juan Quintas e o propio Moledo.
A pesar diso antes de que se inicie a pretempada é de esperar algún movemento coa intención de achegar maior profundidade ao equipo ante o alto nivel competitivo que se espera na Liga Asobal.
Relacionadas:
-
Giuseppe Colasuonno, un pivote italiano no que o Teucro depositou "moitas esperanzas"
Por Alejandro Espiño |
-
Seis partidos confirmados para a pretempada teucrista
Por Redacción |
-
Condes de Albarei-Teucro, nova denominación do equipo tras asinar un "importante" acordo de patrocinio
Por Diego Espiño |
-
Asobal dá o OK á documentación presentada polo Teucro para competir na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
Chegar aos 2.000 socios, obxectivo do Teucro nunha ambiciosa campaña de abonados
Por Diego Espiño |
-
Renovación de Iván Fernández nun Teucro que ten case perfilado o seu plantel
Por Redacción |
-
O brasileiro Bruno de Castro, reforzo dun Teucro que camiña cara a internacionalización
Por Redacción |
-
A fichaxe do cubano Yoan Balázquez polo Teucro, pendente do recoñecemento médico
Por Diego Espiño |
-
O Teucro 'pesca' en Italia a súa primeira fichaxe para a Liga Asobal
Por Diego Espiño |