Os pontevedreses PTV HandStrand, campións galegos de balonmán praia
Por Redacción
O balonmán praia galego ten campión de Pontevedra. O equipo PTV HandStrand proclamouse vencedor do torneo autonómico nunha fase final que se disputou en Nigrán durante os últimos días.
É a terceira vez que este conxunto acada o título galego. Xa o lograra nos anos 2013 e 2015.
O equipo pontevedrés superou aos Panchitos tamén nun axustado partido e na final veuse as caras conta o BMP Sin Semilla.
O HandStrand sumou o primeiro set de forma clara (20-10), pero caeu no segundo tamén con rotundidade (12-26). Novamente, o vencedor tivo que decidirse nos shoot-out e o título foi para o equipo pontevedrés (7-4).
Na categoría feminina, a vitoria foi para o equipo Waterfuckers; mentres que no torneo xuvenil os vencedores foron os dous equipos do BMP Pescados.
Os vencedores noutras categorías foron Veba os da Jrada e BMP Pescados (cadetes), Luceros Galicia Express e Luceros VR (infantil) e Luceros Chapecoense (alevín mixto).
Varios destes equipos participarán do 4 ao 6 de agosto no Campionato de España de Balonmán Praia que se celebrará en Laredo (Santander).