Verducido acolle finalmente a segunda xornada da Copa Galega de Promoción de piragüismo
Por Redacción & Diego Torrado
O mal tempo obrigou a que suspende a segunda xornada da Copa Galega de Promoción en categoría cría e infantil hai unhas semanas, e durante os últimos días pensouse nun segundo aprazamento, pero finalmente a meteoroloxía deu un pequeno respiro para poder disputar a xornada deportiva, aínda que cun cambio de localización.
Inicialmente prevírase celebrar a regata no Lérez, pero o estado do río provocou o seu traslado ao encoro de Pontillón do Castro, Verducido.
Na pista olímpica de piragüismo reuníronse preto de 500 padexeiros de 40 clubs da Comunidade para avaliar o estado actual da canteira galega.