Suso Morlán e David Cal comenzan este luns a preparar os JJ.OO de Río 2016 en Brasil
Por Alejandro Espiño
Suso Morlán e David Cal comezan os seus adestramentos en Brasil. Segundo confirmou o Comité Olímpico Brasileiro (COB), este luns arrinca a preparación do equipo de piragüismo co que o país carioca disputará os Xogos Olímpicos de Río 2016. E á fronte do mesmo estará o adestrador pontevedrés. Foi contratado, segundo o COB, para "elevar aínda máis o nivel do deporte en busca dunha medalla olímpica inédita para os JJOO de 2016".
Destacan que Suso Morlán, como adestrador do equipo español, levou a David Cal a conquistar cinco medallas nos últimos tres Xogos Olímpicos (un ouro e catro pratas), converténdoo no deportista máis laureado do deporte español. Ao seu cargo estarán os cinco novos atletas brasileiros do equipo nacional. Adestrarán no novo centro de piragüismo situado no Yacht Club Paulista, no encoro de Guarapiranga (Sao Paulo).
"ÿ unha experiencia nova e estou moi motivado para traballar cos atletas brasileiros", explica Suso Morlán. "Quero preparalos para que cheguen en plenas condicións aos Xogos. ÿ o obxectivo que me impoño. Fixen un traballo moi bonito en España axudando a David Cal e estou totalmente convencido de que os canoístas brasileiros teñen moito talento, potencial e están ao mesmo nivel, senón máis, ao que atopei a David ao principio da súa carreira".
Ao trasladarse a Brasil, Morlán levará consigo a David Cal, quen adestrará xunto co equipo brasileiro."Eu serei adestrador exclusivo dos brasileiros e David acompañarame para aproveitar a mesma estrutura ofrecida aos atletas de Brasil. Creo que o intercambio cun dos maiores deportistas olímpicos da historia será moi importante para a evolución dos brasileiros".
Neste sentido, o presidente da Federación Brasileira de Piragüismo, Joao Tomasino Schwertner, celebrou a chegada de Suso Morlán e David Cal ao país sudamericano. "O piragüismo é un deporte en franco crecemento en Brasil. ÿ moi importante para nós que Suso Morlán sexa parte do traballo que estamos facendo para transformar este deporte nunha disciplina na que Brasil teña campións olímpicos e mundiais".
Morlán e Cal recalaron en Brasil logo de criticar a política da Federación Española de Piragüismo, que baixou as partidas presupuestarias destinadas aos seus soldos.