Tripla presentación do Cisne para completar o seu plantel
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán presentou este venres oficialmente a tres xogadores para completar o equipo que afrontará unha nova tempada na División de Honra Prata.
Á incorporación coñecida do primeira liña Daniel Tolmos, que leva adestrando co equipo desde o inicio da pretempada e procede do Alcobendas, o club pontevedrés sumou a confirmación de que os brasileiros Igor dos Santos e Gilherme Linhares serán, para todos os efectos, xogadores do primeiro plantel.
Ambos os xogadores chegaron convidados a Pontevedra o pasado 1 de agosto e, tras unhas semanas ás ordes de Jabato, convenceron ao técnico de que merecen unha oportunidade no equipo.
Dos Santos, de 20 anos, pode actuar de pivote ou de lateral esquerdo, mentres que Gilherme, de 18 anos, xoga habitualmente no posto de lateral esquerdo.
"Son dos jugadores jóvenes de los que esperamos muchas cosas", sinalou o preisdente cineísta, Santiago Picallo, aínda que consciente de que a súa adaptación debe producirse "poco a poco".
Trátase, recoñeceu o dirixente, do segundo e terceiro xogador estranxeiro nos 54 anos de historia do Cisne.
Os dous brasileiros contan con visado de estudos e aproveitarán a súa estadía en Pontevedra para completar a súa formación. Agora só queda que a Federación Española autorice a súa transfer para poder formalizar a ficha co equipo, algo que esperan que suceda antes do inicio da liga.
Relacionadas:
-
Haberá derbi pontevedrés nas semifinais da Copa Galicia de balonmán
Por Redacción |
-
Continuidade na campaña de abonados do Cisne para a súa terceira tempada en Prata
Por Diego Espiño |
-
O Cisne pon fin ao seu descanso estival e comenza coa pretemporada
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Cisne arrancará a liga o 9 de setembro na pista do Sinfín cántabro
Por Redacción |
-
Daniel Tolmos reforza a primeira liña do Cisne
Por Redacción | Creada e actualizada