Máis dun cento de nadadores para o reto final da Tripla Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción
Conta atrás para a celebración, o vindeiro sábado 2 de setembro, da terceira e última cita da Tripla Coroa Illas Atlánticas de natación en augas abertas.
O reto, que comezou en 2015 na Illa de Ons, concluirá cunha travesía entre a Illa de Sálvora e Vilagarcía de Arousa.
Serán a proba máis longa e esixente, con 28 quilómetros entre a praia do Almacén, en Sálvora, ata a praia de Compostela, en Vilagarcía, coa participación de 115 nadadores confirmados.
A saída á travesía darase ás 8:45 horas, estando previsto que os participantes empreguen entre sete e dez horas para completar o percorrido.
A cita final da Tripla Coroa Illas Atlánticas foi presentada oficialmente este martes en Vilagarcía coa presenza de diferentes autoridades.
Relacionadas:
-
Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción |
-
O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción |
-
Hugo Ribeiro e Rebeca Santos, vencedores da travesía a nado entre Sálvora e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Unha travesía a nado unirá en setembro a illa de Sálvora con Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |