Hugo Ribeiro e Rebeca Santos, vencedores da travesía a nado entre Sálvora e Vilagarcía
Por Redacción
O nadador portugués Hugo Ribeiro foi o vencedor da terceira e última proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas de natación en augas abertas, celebrada o pasado sábado 2 de setembro.
Ribeiro completou os 28 quilómetros que separan Sálvora da praia de Compostela, en Vilagarcía, nun tempo de 6 horas, 50 minutos e 34 segundos, superando na clasificación ao catalán Marc Ciurana (7:09:03) e ao ourensán Alberto Taboada (7:09:11), segundo e terceiro respectivamente.
A cuarta deportista en chegar a meta foi a vencedora na categoría feminina, Rebeca Santos, que empregou 7 horas, 9 minutos e 47 segundos.
A travesía a nado caracterizouse pola dureza, e é que dos 107 nadadores participantes, máis de 40 víronse obrigados a abandonar afectados pola ondada, as fortes correntes e o vento, especialmente no tramo inicial da competición ata chegar á altura do Grove.
Para que a cita fose un éxito foi necesario despregar un aplio dispositivo de seguridade na Ría de Arousa integrado por 40 embarcacións, 45 kayakistas, cinco motos acuáticas e preto de 200 persoas en terra e mar.
Relacionadas:
-
Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción |
-
O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción |
-
Máis de 160 nadadores competirán na Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Almu Dapena |
-
Unha travesía a nado entre Sálvora e O Grove será a segunda cita da Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción |
-
Máis dun cento de nadadores para o reto final da Tripla Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción |
-
Unha travesía a nado unirá en setembro a illa de Sálvora con Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |