O Estudiantes Pontevedra organiza unha xornada de baloncesto na rúa
Por Redacción
O baloncesto chegará o vindeiro sábado 23 de setembro á Praza da Ferrería da man do Estudiantes Pontevedra.
O club pontevedrés promocionará as súas escolas deportivas cunha xornada na que convidan a participar a "todos os nenos e nenas".
Na céntrica praza instalaranse dúas canchas de baloncesto nas que se realizarán sesións de adestramento, concursos, xincanas e partidos.
Será en dúas sesións, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Durante a tempada que agora se inicia, o Estudiantes Pontevedra contará con equipos federados nas categorías senior, junior, cadete e infantil masculina, junior e cadete feminina e minibasket e preminibasket con equipos mixtos.