Preto de 400 inscritos na primeira edición da carreira pedestre de Monte Porreiro
Por Redacción
Monte Porreiro estreará o próximo domingo día 7 de abril proba popular, a I Carreira Pedestre Gran Premio UNED, enmarcada ademais como segunda cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra.
Ata un total de 384 persoas inscribíronse nunha proba que discorrerá por un circuíto de 8 quilómetros de lonxitude con saída e chegada no Mirador. A organización, non obstante, espera superar o medio millar de asistentes con todas aquelas persoas que se anoten na mesma liña de saída.
A proba, organizada pola Asociación de Veciños Mirador, Centro Asociado da UNED e Concello de Pontevedra e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica, arrancará ás 10:10 horas da mañá coas categorías inferiores, quedando para as 11:00 horas a proba na categoría absoluta.