Cuarta derrota consecutiva do Cisne que cae (35-27) en O Rosal fronte ao Atlético Novás
Por Redacción
Segue o Cisne co seu refacho de resultados negativos. Tras asegurar a permanencia na categoría, o equipo de Milucho Pintos non levanta cabeza e encadea xa a súa cuarta derrota consecutiva, esta vez ao caer en O Rosal fronte a un Atlético Novás que logrou unha cómoda vitoria despois dunha primeira parte igualada.
A lesión sufrida por Alberto Casares, cunha brecha na cara, e unha exclusión entre os minutos 35 e 40 de partido, afundiron ao conxunto pontevedrés, que encaixou un nese espazo de cinco minutos un parcial de 6-0 desfavorable, situándose cunha desvantaxe de 10 tantos que xa serían insuperables, malia os esforzos finais por reducir distancias.
ATLÿTICO NOVÁS (35): Esteban, Malvar (p.s.); Rober (4), Yago (5), Lechuga, Jorge (3), Paulo (5), Víctor (4), Miguel (1), Martínez (6),
Candelera (1), Manuel (3), Bruno (3) e Gabriel.
CLUB CISNE (27): Toño Lafuente, Galán (p.s.); Bruno (1), Pablo Domínguez (5), Chan (1), Pablo Picallo (3), Andrés Sánchez (2), Martín (1), Pachi (2), Alberto Casares (4), Javier Vázquez (3), Miguel, Puente e Adrián Freíria (5).
Árbitros: Carla Diz e Ana Correa (colexio galego). Excluíron por dous minutos a Rober, Lechuga, Jorge, Candelera, Toño Lafuente, Pablo Domínguez e Adrián.
Marcador (cada cinco minutos): 4-2, 7-5, 9-6, 11-9, 12-12, 16-12 (descanso), 19-15, 25-15, 29-19, 33-19, 34-24, 35-27 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de O Rosal. Uns 250 afeccionados.