Fin á xeira negativa do Portonovo cun claro triunfo ante o Verín (3-1)
Por Redacción
Despois de tres xornadas sen sumar os tres puntos o Portonovo volveu á senda do triunfo cunha importante e clara vitoria ante o Verín en Baltar (3-1).
O dobrete de Nacho (minutos 27 e 52) encarrilou o choque para os de Ricardo Fernández, que a pesar de ver como os visitantes recortaban distancias co tanto de Iago no minuto 58 non se puxeron nerviosos e lograron sentenciar o encontro pouco despois grazas a Melchor (min.65).
O conxunto arlequinado, con estes tres puntos, recorta distancias cos postos de ascenso e queda só dous do Sanxenxo, segundo, despois do seu tropezo en Marín.
PORTONOVO SD (3): Marcos, Caste, Bolo, Iván Renda, César, Suso Bea (Camiña, min.84), Víctor, Angelillo (Agus, min.73), Martín (Manu Sieiro, min.54), Melchor (Gándara, min. 70), Nacho.
VERÍN CF (1): Jorge, Kuki (Salgado, min.84), David, Sergio, Saúl (Imanol, min.67), Dani (Ribeiro, min.70), Unai, André, Iago, Hugo, Eloy (Berto, min.57).
Árbitro: Barros Vidal (A Coruña). Amonestou aos locais César e Melchor e aos visitantes David e Jorge.
Goles: 1-0 Nacho, min.27; 2-0 Nacho, min.52; 2-1 Iago, min.58; 3-1 Melchor, min.65.
Incidencias: Partido disputado en Baltar, Portonovo.