O Torneo Internacional ITF de Sanxenxo avanza cara ás roldas finais
Por Redacción
A pesar da mala climatoloxía, o XVI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo segue adiante nas pistas cubertas de terra batida do Círculo Cultural Deportivo.
Este venres a competición individual chega aos cuartos de final, unhas roldas decisivas ás que chegaron dúas xogadoras nacionais na categoría feminina.
Paula Arias enfrontarase en cuartos de final a Romana Cisovska, mentres Gemma Lairon verase as caras coa francesa Alice Tubello, que vén de derrotar á campioa de España cadete, Carlota Martínez.
Segue tamén en competición a letona Daniela Vismane, vencedora hai poucos días en Pontevedra.
No cadro masculino pola súa banda una das maiores sorpresas do torneo deuna o polaco Wojciech Marek ao vencer á segundo cabeza de serie e vencedor no Mercantil pontevedrés, Clemet Tabur.
A emoción no CCD Sanxenxo prolongarase ata o vindeiro domingo, cando o torneo junior de tenis máis antigo de España chegue ao seu fin coas finais individuais.
Relacionadas:
-
Os cadetes prolongan o espectáculo tenístico en Sanxenxo co X Torneo Internacional
Por Redacción |
-
Daniela Vismane fai pleno en Sanxenxo no peche do Torneo Internacional Junior ITF
Por Redacción |
-
A choiva condiciona o inicio do XVI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O sexto Torneo Internacional Junior ITF queda sen triunfo nacional
Por Redacción |