Os cadetes prolongan o espectáculo tenístico en Sanxenxo co X Torneo Internacional
Por Redacción
A emoción do mellor tenis de base non terminou en Sanxenxo tras o seu torneo do circuíto junior ITF, xa que durante toda a semana toma a testemuña a décima edición do Torneo Internacional de categoría cadete.
Despois dos problemas ocasionados pola choiva, nesta ocasión e co sol lucindo todos os partidos están a disputarse nas cinco pistas ao aire libre coas que conta o Círculo Cultural Deportivo.
O tenis galego foi protagonista no arranque da competición, co pase á segunda rolda da xogadora local Sara Martínez, que con só 13 anos e xogando ante tenistas de ata tres anos máis se impuxo á portuguesa María Reis en dous sets (6-4 e 6-2).
Tamén pasaron a segunda rolda a viguesa Carla del Barrio, que gañou á cuarta cabeza de serie Ariadna Briones, e a coruñesa Uxía Martínez que gañou á irlandesa Kate Huizenga.
Pola súa banda na categoría masculina logrou o pase a segunda rolda o galego David Cao ao vencer ao portugués Miguel Lopes.
Relacionadas:
-
O Torneo Internacional Cadete de Tenis de Sanxenxo ascende á máxima categoría
Por Redacción |
-
Daniela Vismane fai pleno en Sanxenxo no peche do Torneo Internacional Junior ITF
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional ITF de Sanxenxo avanza cara ás roldas finais
Por Redacción |
-
A choiva condiciona o inicio do XVI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O sexto Torneo Internacional Junior ITF queda sen triunfo nacional
Por Redacción |