O Circuíto de Carreiras Populares 2017 premia aos seus campións
Por Redacción
O Teatro Principal foi escenario este sábado 23 de decembro da gala final do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra 2017.
Os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías foron desfilando polo escenario para recoller o seu premio.
Elías Domínguez e Leticia Fernández foron os campións individuais e tamén da categoría compensada na quinta edición do circuíto.
Pola súa banda na categoría de equipos o primeiro clasificado foi o Cambados S.Noval.
Consulta aquí as clasificacións completas do V Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra nas súas diferentes categorías.
Despois de cinco anos, a iniciativa non terá continuidade en 2018, aínda que a maioría das probas populares seguirán celebrándose nas datas habituais.