Un ano para lembrar no club de Montañeiros de Pontevedra 'A Roelo'
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, realizaron este venres un recibimento especial a varios integrantes do Club de Montañeiros de Pontevedra, 'A Roelo' (Aromon), aos que felicitaron polos seus logros durante o ano 2017.
Entre outros logros, na recepción destacouse o ascenso do Club a División 0 da FEDO, máxima categoría de catro subdivisións, incidindo, ademais, en que foi o club galego en conseguilo.
Ademais, durante o ano que está a piques de terminar, lograron por primeira vez ser o club campión galego de O pe 2017 e conseguiron fazañas destacadas como ser subcampións de España en Raid aventura mixto.
Este 2017 tamén será o ano que se lembre polo retorno das expedicións organizadas desde o club ás montañas de máis de 4.000 metros. Varios socios conseguiron o cume do Toubkal, o pico máis alto de Marrocos e de toda África do Norte na Cordilleira do Atlas; e do Mont Blanc, a montaña granítica culminante dos Alpes.
Relacionadas:
-
Montañeiros pontevedreses conquistan o pico máis alto do norte de África
Por Redacción |
-
Chus Pazos e Carlos Somoza chegan a Lukla á espera de poder iniciar a súa evacuación
Por Diego Espiño |
-
A pontevedresa Chus Pazos e o estradense Carlos Somoza sobreviven ao terremoto de Nepal en pleno Everest
Por Diego Espiño |
-
A expedición da vilaboense Rosa Paredes fai cumio no Pico Lenin
Por Oskar Viéitez |