Lupe Murillo confía plenamente en Luismi para sacar adiante ao equipo
Por Redacción
A presidenta do Pontevedra C. F., Lupe Murillo, aposta porque Luismi poida ser o adestrador que saque ao conxunto granate dos postos baixos da táboa. Este martes indicaba que lle gustara a segunda parte do encontro contra o Celta B en Pasarón.
Afirmou que durante a primeira metade parecía que o equipo non "aguantaba" pero na segunda gustoulle o que viu, porque ademais a afección tamén se sumou e se enganchou ao equipo. Lupe Murillo lembrou que o Pontevedra conta con catro baixas sensibles e "esas cousas non se valoran". Por este motivo, a presidenta mostra o seu apoio a Luismi: "Oxalá nos vaia moi ben porque é o maior desexo que temos para esta segunda volta", apuntou en relación cos próximos partidos.
Lembrou que Luismi é "alguén da casa" despois de estar cinco anos como integrante do primeiro equipo granate e afirmou que os prazos para a súa permanencia virán marcados polas "sensacións" que transmita o equipo nos próximos encontros.
Este mércores, o conxunto pontevedrés enfrontarase ao Burgos C. F. a partir das 20.00 horas no Estadio Municipal do Plantío en Copa Federación.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Luismi, adestrador do Pontevedra e 'estirador' de cola caos na infancia
Por Marisa Ciordia |
-
Acalorada Xunta Xeral de Accionistas no Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Lamentable imaxe na primeira parte dun Pontevedra que toca fondo en Bouzas (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O partido no Baltasar Pujales de Bouzas, unha auténtica 'final' para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Nacho López preséntase co Pontevedra convencido de que "vamos a sacar esto adelante seguro"
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra en inferioridade desde o primeiro tempo cae coa cabeza alta en Burgos (3-1)
Por Redacción |