O Club Voleibol Pontevedra afástase dos postos de descenso
Por Redacción
Era unha partido clave o que afrontaba o Club Voleibol Pontevedra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ante o XAV Cambados, e as pontevedresas lograron un triunfo vital para as súas aspiracións.
O conxunto local impúxose a un rival directo pola permanencia e aumenta as súas opcións de continuar na Primeira División Galega, situándose oitavo con 15 puntos, a dous do seu rival na última xornada e que conta cun encontro máis.
O CVP venceu prol tres sets a cero, a pesar de que cada unha das mangas comezaban con gran igualdade. Con todo nos momentos importantes as pontevedresas mostráronse máis acertadas.
Así adxudicáronse a primeira manga por 25-28, a segunda cun tenteo máis claro de 25-12 e a terceira por 25-19.
A próxima xornada de liga o Club Voleibol Pontevedra desprazarase ata a cidade da Coruña para enfrontarse ao quinto clasificado, o Calasancias A.