David Broncano segue a burlarse de Roelio: agora decide lanzalo en globo como "basura espacial"
O humorista David Broncano volveu burlarse de Roelio, a mascota do Pontevedra C. F. nunha nova entrega do seu programa na canle #0. A pesar da "supuesta fealdad" do que xa é o óso máis famoso de España, parece que desde 'La Resistencia' non están dispostos a deixar pasar o 'filón' de Roelio, que onte volveu ser protagonista no espazo que dirixe Broncano.
Nada menos que case 4 dos 14 minutos que dura o programa o humorista continuou as súas bromas e ataques cara á mascota do Pontevedra. Tras introducir o monólogo falando da contaminación espacial escenificaron na Gran Vía de Madrid o lanzamento ao espazo dunha figura representativa de Roelio, atada a un globo que posteriormente soltaron, entre burlas e comentarios acedos.
"Basura espacial", "puta mierda", "es tan feo ( Roelio) que hecho mal está más bonito", son algunhas das lindezas que dedicou Broncano á mascota pontevedresa, que xa se converteu nun elemento esencial de 'La Resistencia'. Non en balde o humorista luce unha cunca durante o seu 'late night' con Roelio na etiqueta e a frase 'Eu tamén son Roelio'.
Primeiro foi a comparación da mascota cun porcoril, un cruzamento entre un xabaril e un porco vietnamita; despois, relacionouse ao pontevedrés que deu positivo en todas as drogas do test da Garda Civil co deseño de Roelio. Agora, desde o perfil de Twitter do programa continúan os ataques cara á mascota do Pontevedra C. F., mentres rexorde un movemento de defensa do símbolo pontevedrés co hashtag # JesuisRoelio, que o mesmo programa de Movistar + encárgase de impulsar para seguir auto-xerándose contido.
Mira aquí o tweet do perfil de 'A Resistencia' dedicado a Roelio.
Contribuimos a seguir lanzando basura espacial enviando nuestro propio satélite: a ROELIO.
— La Resistencia #0 (@LaResistencia) 20 de febrero de 2018
→ https://t.co/MvfIwMlrKx pic.twitter.com/GTb0VlVbDn
Relacionadas:
-
Roelio volve a Pasarón polo Nadal para un brinde copeiro
Por Manu Otero |
-
El Intermedio de La Sexta acórdase de Roelio: "La mascota del Pontevedra y de nuestros corazones"
Por Diego Espiño |
-
David Broncano "felicita" ao campión da Copa Federación... "Roelio"
Por Alejandro Espiño |
-
David Broncano trae a súa "vida moderna" a Pontevedra, xunto a Ignatius Farray e Quequé
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O humorista David Broncano 'cébase' con Roelio na televisión nacional
Por Redacción |
-
'La Vida Moderna' ofrece unha sesión extra en Pontevedra e as entradas volven esgotarse en menos de 24 horas
Por Redacción | Creada e actualizada