Luismi confía en poder contar con todo o plantel para recibir o Rayo Majadahonda
Por Diego Espiño
A enfermería do Pontevedra Club de Fútbol, por fin, está próxima a baleirarse por completo, algo que se non se sucede algún contratempo inesperado producirase esta mesma semana.
"Somos optimistas", recoñece Luismi ao respecto da recuperación dos futbolistas tocados, albiscando a que sería a primeira xornada de liga desde que é adestrador do primeiro equipo na que podería dispoñer de todos os futbolistas, sen excepción.
"Hoy acabaron todos la sesión", explicou o preparador este mércores tras o adestramento, "quitando Añón que estaba con un poquito de sobrecarga y decidimos que parara antes pero que está bien y lo mismo con Kevin".
Desta forma Kevin Presa estará un mes despois en condicións de volver ao equipo se Luismi así o considera, pero tamén outros compañeiros que nas últimas semanas arrastraron problemas físicos e perdéronse algún encontro, como Jimmy, Prosi ou Álex Fernández.
No caso deste último, que descansou a última xornada ante o Castilla para tentar deixar atrás unhas molestias musculares, el mesmo asegura que "voy a llegar" ao domingo para recibir en Pasarón o Rayo Majadahonda. "Estoy yendo de menos a más pero con buenas sensaciones que es lo importante", sinalou con respecto ao seu estado físico.
MIRANDO DE ESGUELLO O CÉSPEDE DE PASARÓN
Co plantel centrado en recuperar a súa versión caseira e lograr tres importantes puntos na próxima xornada de liga, todos miran agora de esguello ao estado do céspede do Estadio Municipal de Pasarón, que pode xogar de novo un importante papel no choque.
Despois de semanas de duro traballo por parte do club para mellorar o tapete, danado seriamente tras os partidos ante Cerceda en liga e Burgos en Copa Federación, a choiva prevista para toda a semana con certa intensidade fai temer unha recaída na recuperación do terreo de xogo, que contra o Racing de Ferrol mostraba xa moito mellor aspecto.
Así o recoñecen os propios xogadores, xa que se se mantén o mal tempo "creo que a los 10 minutos se va a volver a estropear", recoñeceu a preguntas dos medios de comunicación Álex Fernández.
Relacionadas:
-
O Rayo Majadahonda castiga a fraxilidade dun Pontevedra esvaecido (0-3)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O segundo mellor visitante da liga ameaza un Pontevedra que non pode fallar na casa
Por Diego Espiño |
-
O partido de liga entre Coruxo e Pontevedra adiántase ao sábado 10 de marzo
Por Diego Espiño |
-
Antiviolencia propón sancionar un afeccionado por ensinar unha bandeira independentista galega en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Un penalti inexistente afunde o Pontevedra e abre o camiño do triunfo ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Redacción |
-
Atlético Saguntino, rival do Pontevedra por un posto na final da Copa Federación
Por Alejandro Espiño |
-
Éder Díez clasifica o Pontevedra para as semifinais da Copa Federación eliminando o Escobedo (1-1)
Por Redacción |