O segundo mellor visitante da liga ameaza un Pontevedra que non pode fallar na casa
Por Diego Espiño
Ser actualmente o peor visitante do grupo, con 5 puntos sumados, fai que o Pontevedra non poida deixar escapar máis puntos no Estadio Municipal de Pasarón, onde nas súas últimas comparecencias recuperou a confianza.
Tampouco aínda que este domingo (17:00 horas) o rival no coliseo pontevedrés sexa o segundo mellor equipo da categoría a domicilio, un Rayo Majadahonda que marcha segundo na táboa e que logrou lonxe da súa casa 21 puntos, os mesmos que outros catro equipos.
"Para nosotros ganar este partido no da mucha vida, y no pensamos en otra cosa que no sea ganar", asegura Luismi, que se mostra confiado na dinámica do seu equipo cando xoga en Pasarón para tentar lograr tres puntos que lle permitan escapar da praza de play-out pola permanencia.
O técnico granate recoñece as virtudes do seu próximo rival na liga, ao que ve como "un equipo muy vertical, de medio campo para arriba son muy profundos, con mucha movilidad y velocidad, muy dinámicos. Hay que tener cuidado porqure su gente más ofensiva es muy peligrosa".
Por todo iso a receita para Luismi pasa por "tener mucho cuidado en las vigilancias, estar bien defensivamente y no conceder porque es un equipo que de cara a gol anda bien", non en balde acumula 40 goles sendo o segundo máximo realizador só superado polo líder Fuenlabrada.
Precisamente o exemplo dado na recente visita do primeiro clasificado, ao que se venceu por 3 goles a 1, está moi presente no persoal pontevedrés, tal e como sinala Kevin Presa ao recoñecer que "sabemos que viene un rival muy duro, pero también vino el Fuenlabrada como líder y conseguimos ganarles".
O centrocampista é un dos futbolistas que esta semana recibiron a alta médica despois de varias semanas de inactividade por lesión, pasando a estar dispoñible para Luismi. De feito o técnico só conta cunha baixa por lesión, a de Jimmy, que finalmente non conseguiu superar os seus problemas físicos.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Carlos Fernández Pérez, que esta campaña xa arbitrou nunha ocasión aos da cidade de Lérez, na derrota sufrida no campo do Rápido de Bouzas (2-0).
As entradas para o choque terán un custo de 20 euros na bancada de Tribuna, 15 euros na de Preferencia e de 12 euros nos fondos, mentres que os xuvenís e infantís deberán abonar 5 e 3 euros respectivamente.
Relacionadas:
-
O Rayo Majadahonda castiga a fraxilidade dun Pontevedra esvaecido (0-3)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O partido de liga entre Coruxo e Pontevedra adiántase ao sábado 10 de marzo
Por Diego Espiño |
-
Antiviolencia propón sancionar un afeccionado por ensinar unha bandeira independentista galega en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Luismi confía en poder contar con todo o plantel para recibir o Rayo Majadahonda
Por Diego Espiño |
-
Un penalti inexistente afunde o Pontevedra e abre o camiño do triunfo ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Redacción |