Luismi leva a todos os dispoñibles á Coruña
Por Diego Espiño
Só vale gañar, dá igual o rival. A teoría tena ben aprendida o Pontevedra Club de Fútbol, a teor das declaracións dos protagonistas, antes de visitar este sábado (17:00 horas) o Deportivo B en Abegondo.
Os granates viaxan ao campo do actual terceiro clasificado sabendo que "el juego ahora mismo da igual cómo lo plantees, cómo salga el equipo, quién juegue, quién no, lo importante yo creo que es ganar el partido, si la marcas con la mano pues con la mano, si el árbitro te confurnde y te lo da a tí y no al rival pues mejor, lo importante es ganar sea de la forma que sea", verbaliza Adrián Léon.
O estado físico do León foi unha das preocupacións de Luismi ao longo da semana por molestias no xemelgo, pero el mesmo inclúese entre os dispoñibles sabendo que "cuando te estás jugando lo que todos sabemos" é necesaria toda a axuda posible.
Por iso tamén o técnico convocou a todos os futbolistas dispoñibles. Luismi leva a Coruña a 22 homes, e só quedan na casa o lesionado Nacho López, o sancionado Jorge Hernández e Jimmy, que este venres adestrou ao mesmo ritmo que os seus compañeiros pero que sae dun longo período de convalecencia.
Desta forma compoñen a lista Edu, Anxo, Adrián León, David Castro, Goldar, Darío Flores, Goldar, Prosi, Kevin, Mouriño, Álex Fernández, Marcos Álvarez, Álex González, Añón, Pibe, Iván Martín, Berrocal, Eder e os canteiráns Jesús e Juan Barbeito, Lezcano, Pacheco e Josiño. Deles catro verán o partido desde a bancada.
Pola súa banda o Fabril, que atravesa un momento doce e pasa por ser o segundo mellor equipo como local do grupo, contará coas baixas de Luís, Quique Fornos, One, Luismi, Martín e Ismael Díaz.
A pesar desas ausencias o adestrador granate enxalza a calidade do filial deportivista e avisa que "habrá que estar muy concentrados y defensivamente no conceder" para tentar "hacerles el partido difícil, duro", xa que "o nos ponemos el mono de trabajo o vamos a sufrir", recoñeceu Luismi.
O colexiado do encontro será o asturiano Jaime Ruiz Álvarez, que xa se cruzou unha vez esta tempada co Pontevedra, na derrota da primeira xornada ante o Celt B (2-1) en Barreiro e en dúas ocasións co Deportivo B, con balance de dúas vitorias para o filial.
Relacionadas:
-
Bo partido sen premio dun Pontevedra que esgota "vidas" ao perder co Fabril (1-0)
Por Ramiro Espiño |
-
Aviso a navegantes de Luismi: "Hay jugadores de los que esperamos más"
Por Diego Espiño |
-
Galicia defenderá ante a Federación Española reducir a Segunda B a dous grupos de 20 equipos
Por Diego Espiño |
-
Novo tratamento para o maltreito céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Desestimado o recurso do Pontevedra na causa contra Milo Abelleira e José Manuel Fernández por estafa
Por Diego Espiño |