O Teucro fai oficial a elección de Luis Montes como adestrador do primeiro equipo
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro aposta pola opción da casa para substituír a Quique Domínguez á fronte do primeiro equipo, que volverá competir na máxima categoría.
O club fixo oficial este venres a elección de Luís Montes como máximo responsable do plantel para a próxima campaña. O ata agora axudante de Domínguez e responsable do filial de Primeira Nacional afrontará así a súa primeira experiencia ao mando dun equipo da Liga Asobal.
"Es un orgullo y una alegría grande en primer lugar entrenar el Liga Asobal y en segundo lugar que sea en el Teucro", recoñeceu o pontevedrés "muy ilusionado" de poder dirixir ao equipo da súa cidade.
Montes foi xogador da base teucrista desde os 13 anos, pasou unha etapa como adestrador de categorías inferiores e agora era un dos máximos responsables técnicos da entidade, en concreto das súas categorías inferiores.
Aínda que se trata, asegura, de "algo inesperado", afronta con ganas o reto, pero antes concluirá a tempada actual no rol que veu desempeñando de segundo adestrador. No que si pode xa empezar a involucrarse é na planificación do próximo curso, pensando nas renovacións dos actuais membros do primeiro plantel que se queren deixar atadas antes de que finalice este mes de maio.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Luís Montes, o deporte e o ámbito social 'Xuntos' no seu camiño
Por Marisa Ciordia |
-
Quique Domínguez ficha polo Mudhar Handball Club de Arabia Saudita
Por Diego Espiño |
-
Davor Cutura regresa ao Teucro como xogador e coordinador da base
Por Alejandro Espiño |
-
Dani Hernández, terceiro xogador do Teucro en chegar a un acordo para a súa renovación
Por Redacción |
-
Andrés Moyano será teucrista dous anos máis
Por Redacción |
-
O Teucro despídese dos seus cunha derrota intranscendente ante Bidasoa (27-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Samu Gómez convértese primeira renovación Teucro
Por Redacción |
-
Toño Puga volve facerse cargo da preparación física do Teucro
Por Redacción |
-
Maio, mes clave para o futuro do Teucro
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Quique Domínguez anuncia entre bágoas a súa saída do Teucro
Por Diego Espiño & Miguel Álvarez Fandiño |
-
O Teucro celebra en Cuenca a súa derrota máis doce (28-27) tras asegurar a permanencia en Asobal
Por Redacción |