Os xuvenís do Cisne tiran de épica para colgar o bronce no campionato de España
Por Redacción
Os xuvenís do Club Cisne Balonmano fixeron historia no deporte pontevedrés. Nunca antes un equipo chegara tan alto como eles. Convertéronse no terceiro mellor equipo de España, tras colgar a medalla de bronce no campionato nacional que se disputou na localidade catalá de Granollers.
Lográrono tras derrotar ao equipo local, o KH-7 Balonmán Granollers, na quenda de penaltis da final polo terceiro e o cuarto posto, disputada este domingo no Palacio de Deportes de Granollers ante máis dun milleiro de espectadores.
Os xogadores do Cisne saíron moi centrados no partido e a igualdade foi a tónica xeral dos primeiros minutos. Os locais levaban a iniciativa pero os mozos de José Manuel Chao non perdían o ritmo.
Con todo, nos minutos finais da primeira parte, os pontevedreses aproveitaron un "desfalecemento" do rival e unha exclusión do seu xogador máis en forma, Pau Ferré, para irse ao descanso cunha renda de tres goles, 9-12.
A vantaxe creceu a cinco (9-14) nada máis comezar a segunda parte, pero unha exclusión do lateral Elías Paz fixo madeixa no xogo do Cisne. Cun xogador máis sobre a cancha, o Granollers aproveitou a súa superioridade para recortar distancias. Foron os peores momentos de xogo dos galegos e, ao fío do ecuador, chegou o empate a 17.
Foi entón cando o técnico cisneísta pediu un tempo morto que serviu de revulsivo aos seus que, tras a continuación, colocáronse tres arriba (17-20). Foi un espellismo, xa que os cataláns remontaron o marcador e situaron o 21-20 no electrónico a falta de cinco minutos.
A partir de aí, ambos os equipos controláronse máis de preto e ningún deles cometeu erro algún. Así, un gol de David Sineiro, a falta de oito segundos para o final, puxo o 23-23 no marcador ao termo dos 60 minutos regulamentarios. Máis épico foi aínda o 26-26, anotado por Daniel Gonçalves sobre a bucina final ao remate da prorróga.
Ao final, a vitoria do Cisne chegou nos penaltis, onde os pontevedreses tan só fallaron dous lanzamentos fronte aos tres do Granollers, levando o 29-30 ao marcador final. Roque Arias marcou o gol que corroborou o triunfo.
Un gol que vale una medalla de bronce... ¡Grande Roque! pic.twitter.com/4Y08Y0298y
— ClubCisne Los Sauces (@ClubCisneBalonm) 6 de mayo de 2018
DERROTA EN SEMIFINAIS CONTRA O AGUSTINOS
O Cisne chegara á loita pola medalla de bronce tras caer en semifinais (23-17) ante o Agustinos de Alacante.
Foi tras un partido no que ambos os equipos mantiveron un equilibrio permanente ata que, nos últimos minutos da primeira metade, os alacantinos lograron unha renda de dous goles.
Con esa marxe a favor, o Agustinos saíu máis tranquilo tras o descanso e abriu aínda máis brecha no marcador, aproveitando lagoas intermitentes no xogo dos pontevedreses que, a pesar de non baixar os brazos en ningún momento, xa non puideron remontar o partido.
Relacionadas:
-
Romper o teito histórico do club, un soño para o Cisne xuvenil na fase final do Campionato de España
Por Redacción |
-
Pontevedra será sede dun dos sectores do Campionato de España Xuvenil Masculino de balonmán
Por Diego Espiño |
-
O Cisne tira de xuventude para afrontar unha nova tempada na División de Honra Prata
Por Alejandro Espiño |
-
Álvaro Preciado, convocado por España para o Europeo Junior de balonmán
Por Redacción |
-
Os técnicos da Federación Española poñen os seus ollos no equipo cadete do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne cadete segue os pasos do equipo xuvenil e cóase entre os 8 mellores de España
Por Redacción |
-
O Cisne xuvenil, homenaxeado pola Federación Galega de Balonmán
Por Redacción |
-
Unha polémica arbitraxe condena o Cisne fronte a BM Nava (24-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne xuvenil fai historia ao meterse entre os catro mellores equipos de España
Por Redacción |
-
O Cisne xuvenil xogará a fase final do Campionato de España
Por Redacción |