O Media Maratón de Pontevedra contará con 1.349 atletas a mañá do domingo
Por Diego Espiño
Récord de inscritos para a Medio Maratón de Pontevedra. Unha vez pechado o prazo, serán 1.349 os atletas que gocen da proba, 151 máis que o pasado ano. Así o confirma Ramón Touza, presidente da Sociedad Gimnástica, "la mayor parte de ellos son populares, no hay grandes figuras que es lo que nosotros estamos buscando. Ahora sólo queda que el tiempo nos acompañe para que pueda ser un éxito".
Touza xa pensa en seguir crecendo en próximas edicións da carreira, "si crecemos mucho tendríamos que cambiar el circuito debido a la estrechez de algunas zonas, pero creo que hasta 2.000 participantes podríamos admitir".
Toda a infraestrutura está preparada con 60 voluntarios, plan de tráfico especial coordinado por axentes da Policía Local e ata cinco toneladas de bebidas e o dobre en alimentos para que os corredores recuperen enerxía despois da proba.
O Media Maratón dará comezo ás 10:30 da mañá na rúa José Malvar para percorrer o centro da cidade e finalizar na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Colaboración cos hoteleiros de Pontevedra
A Sociedad Gimnástica, xunto ás concellarías de Promoción Económica e Deportes de Pontevedra, agradeceu a colaboración da Asociación de Hoteleiros rebaixando os prezos dos cuartos ante a presenza de numerosos atletas non pontevedreses que acudirán á competición.
Relacionadas:
-
Manuel Hurtado imponse no Media Maratón de Pontevedra máis popular
Por Diego Espiño |
-
O Media Maratón pechará o entorno do casco histórico entre as 9.30 e as 13.30
Por Redacción |
-
A Media Maratón pechará o acceso en coche a sete colexios electorais o 21-O
Por Redacción |
-
Máis de 1.100 inscritos na Medio Maratón Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |