O Cisne cadete segue os pasos do equipo xuvenil e cóase entre os 8 mellores de España
Por Redacción
O Club Cisne Balonmano está a vivir en 2018 un ano histórico para as súas categorías inferiores. Se recentemente o seu equipo xuvenil lograba unha incrible medalla de bronce no Nacional da súa categoría, agora é a quenda do conxunto cadete.
O conxunto pontevedrés seguiu os pasos dos xuvenís e coouse entre os 8 mellores equipos do país, ou o que é o mesmo, clasificouse para a fase final do Campionato de España.
Fíxoo de maneira brillante despois de liderar con pleno de vitorias o seu sector, celebrado en Nava de la Asunción.
O Cisne comezou a competición vencendo na primeira xornada o Zarautz (35-30), repetindo un día despois ante o BM Astillero (34-22). Tamén o equipo local, o BM Nava, chegaba invicto á xornada final, polo que o vencedor lograría o pase á fase final.
Así, nun encontro de gran intensidade os pontevedreses impuxéronse ao equipo local e ao ambiente do frontón de Nava para gañar 32-36 e reclamar o seu pedacito de gloria na histórica tempada das categorías de base cineístas.
Agora chegará a quenda do gran reto, unha fase final que o Cisne solicitará organizar en Pontevedra e no que participarán tamén o FC Barcelona, BM Granollers, kasa Madrid, Ademar León, BM Villaverde, Club Córdoba Balonmano e BM Alcobendas.
Relacionadas:
-
Álvaro Preciado, convocado por España para o Europeo Junior de balonmán
Por Redacción |
-
Os técnicos da Federación Española poñen os seus ollos no equipo cadete do Cisne
Por Redacción |
-
Ademar imponse ao Cisne no sector masculino infantil e evita o pleno pontevedrés
Por Ramiro Espiño |
-
O Cisne xuvenil, homenaxeado pola Federación Galega de Balonmán
Por Redacción |
-
Os xuvenís do Cisne tiran de épica para colgar o bronce no campionato de España
Por Redacción |
-
O Cisne xuvenil fai historia ao meterse entre os catro mellores equipos de España
Por Redacción |