Davor Cutura regresa ao Teucro como xogador e coordinador da base
Por Alejandro Espiño
Un dos xogadores estranxeiros que mellor recordo deixou en Pontevedra, tras o seu paso pola Sociedad Deportiva Teucro, volverá vestir de azul. O club teucrista anunciou o regreso do serbio Davor Cutura, trece anos despois da súa saída do equipo.
Davor Cutura chegará ao Teucro como membro do primeiro equipo, pero a súa implicación no club será maior. Actuará como adxunto a Laura del Castillo na coordinación da base.
O primeira liña serbio, que sempre estivo intimamente ligado á cidade e ao equipo pontevedrés, firma por unha tempada e pecha así o seu paso polo balonmán francés, onde xogou as tres últimas tempadas.
Tras o seu paso polo Teucro, club ao que chegou con tan só 22 anos, Davor Cutura militou no Arrate, Granollers, Valladolid, Benfica, Al Ahli, Al Quiyad, Chartres MHB 28 e Limoges Hand 87.
A este último equipo, que milita na Proligue, chegou en 2017 e durante esta tempada foi o xogador máis determinante, promediando preto de sete goles por partido e sendo nomeado como mellor central e mellor xogador da categoría.
Relacionadas:
-
Máis dun cento de nenos participarán no oitavo campus Davor Čutura
Por Redacción |
-
O primeira liña Natan Suárez súmase ao proxecto do Teucro
Por Redacción |
-
Bruno de Castro e Edu Moledo engrosan a lista de saídas no Teucro
Por Diego Espiño |
-
Facundo Cangiani convértese na segunda fichaxe do Teucro
Por Redacción |
-
Juan Quintas súmase á lista de renovados do Teucro
Por Redacción |
-
Dani Hernández, terceiro xogador do Teucro en chegar a un acordo para a súa renovación
Por Redacción |
-
Andrés Moyano será teucrista dous anos máis
Por Redacción |
-
Samu Gómez convértese primeira renovación Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro fai oficial a elección de Luis Montes como adestrador do primeiro equipo
Por Redacción |