O Nacional Infantil Feminino de Baloncesto desvela os seus grupos de competición
Por Redacción & Mónica Patxot
A Casa da Luz de Pontevedra acolleu este luns a presentación oficial do Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto que se celebrará na cidade por terceira vez nos últimos anos.
Asímismo realizouse o sorteo da competición, con 32 equipos participantes que encherán Pontevedra do mellor baloncesto de base nacional entre o 10 e 16 de xuño.
O ex-xogador Fernando Romay estivo presente no acto concentrando as miradas e a admiración das novas promesas do baloncesto presentes.
Unha vez celebrado o sorteo, os oito grupos de competición quedaron configurados da seguinte maneira:
- Grupo A: Basket Almeda, Picken Benimaclet, Bosco Salesianos, Distrito Olímpico A.
- Grupo B: Snatt's Femení Sant Adriá, 1º País Vasco, Unicaja, Celta Zorka.
- Grupo C: Canterbury Academy, Valencia BC A, Barça CBS, CD Ginés.
- Grupo D: Stadium Casablanca, 1º Castela-León, Movistar Estudiantes A, CB San Blas Alicante.
- Grupo E: Compañía María Zaragoza, CB Al-Qázeres, Unión Financiera Astuariana Oviedo B, Luther King.
- Grupo F: La Salle Palma, 2º Castela-León, Maristas Logroño, CN Helios.
- Grupo G: 2º País Vasco, CB Allariz, Aranguren Multibasket, Spar Gran Canaria.
- Grupo H: CB Calasanz A, UCAm Murcia A, CP La Roda, Enrique Soler A.
Relacionadas:
-
Marín e Pontevedra contáxianse de baloncesto co inicio dos campionatos de España infantil
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha semana de baloncesto polos catro custados en Marín
Por Redacción |
-
O Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto, en números
Por Diego Espiño |
-
Marín tamén quenta motores para o Nacional Infantil de Baloncesto
Por Redacción |
-
Máis de 500 participantes chegarán á cidade para o Nacional Infantil Feminino de baloncesto