Os gladiadores pontevedreses poden con todo
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín
Os pontevedreses teñen alma de gladiadores e nada pode paralos. Polo menos non o conseguiu o barro, auga, alambras ou as ramplas interminables que poboaban o percorrido da Gladiator Race.
A Illa das Esculturas encheuse este sábado de deporte, diversión e bo ambiente coa cuarta edición da popular carreira por obstáculos.
Case 2.000 deportistas (1.951) participaron nunha proba na que o importante era terminar, suando, cheos de barro ou axudados polos compañeiros de equipo.
A actividade comezou de mañá coa versión máis familiar da Gladiator Race, a Gladiator Kids, carreiras para menores de idade acompañados dos seus pais na que tomaron parte preto de 300 nenos e nenas.
Xa pola tarde chegaría a quenda dos auténticos aventureiros. Primeiro coas quendas da modalidade Warrior, a máis longa con 11 quilómetros e unha trintena de obstáculos na que o máis rápido en completar o percorrido foi Nolo Romero Vázquez na categoría masculina cun tempo de 54 minutos e 45 segundos e Andrea Montero Martínez na categoría feminina cunha hora, 14 minutos e 59 segundos.
Para finalizar, aínda faltaban a modalidade Rocket (6 quilómetros e 20 dificultades) na que os gañadores foron Jesús Montoto Vázquez en categoría masculina cunha marca de 34 minutos e 52 segundos e Mayra Martínez Castro en feminina, no seu caso, cun tempo de unha hora, un minuto e 30 segundos.
Consulta aquí as clasificacións completas da IV Gladiator Race de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Gladiator Race anuncia novidades para a súa quinta edición en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Gladiator Race terá quinta edición en Pontevedra
Por Redacción |
-
Todo a punto para a invasión de case 2.000 gladiadores
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
A Gladiator Race, preparada para dar batalla na Illa das Esculturas
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A cuarta edición da Gladiator Race supera o milleiro de inscritos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A Gladiator Race anuncia a apertura de inscricións para a súa cuarta edición en Pontevedra
Por Redacción |