A presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo foi sancionada cunha multa económica de 150 euros polo incidente ocorrido no túnel de vestiarios de Pasarón á conclusión do polémico encontro entre o equipo granate e o Unión Adarve.
Foi a propia dirixente granate a que revelou a sanción, nunha entrevista no programa La Trastienda de PontevedraViva Radiona que fixo balance da tempada recentemente finalizada e valorou a actualidade da entidade, así como asuntos do seu futuro próximo.
En canto á citada multa "la asumo, no la voy a recurrir, pero no estoy para nada de acuerdo", mantén Murillo sobre uns feitos que segundo o seu testemuño afástanse do reflectido no acta.
Tras evitar que os xogadores esperasen ao trío arbitral no túnel, a presidenta esperou e "les pregunto si no han visto el penalti, si esta vez tampoco han visto el penalti y si es casualidad. Esto se saca de contexto, al señor no le gustó que yo le preguntara", defende a presidenta aludindo que se trataba dun colexiado co que "casualmente en dos temporadas jamás hemos ganado con él".
"Ni soy una hoolingan, ni monté ningún espectáculo en el vestuario", concluíu Lupe Murillo respecto diso recoñecendo que "no lo volvería a hacer".
OBXECTIVOS
A máxima responsable do Consello de Administración do Pontevedra repasou ademais a máis estrita actualidade, como a renovación dun Luismi sobre o que "no hubo dudas" ou a planificación do plantel para a próxima tempada, defendendo o traballo do seu compañeiro Roberto Feáns.
Tras sinalar que buscarán "jugadores comprometidos", Lupe Murillo non quixo centrar a meta do novo proxecto para limitarse a indicar que "el Pontevedra siempre ficha para estar mejor que el año anterior, esta es la realidad. Vamos a intentar fichar nuevos jugadores desde luego para no sufrir lo que hemos sufrido".
A construción dunha cidade deportiva, proxecto desvelado con anterioridade en PontevedraViva Radio, a continuidade dos membros do Consello de Administración que conclúen en 2019 o seu mandato ou as "tres o cuatro" ofertas que recibiu para vender o club foron outros dos asuntos tratados, desvelando que a última destas propostas produciuse hai só uns meses por medio dun club madrileño instalado na elite nacional.
Tamén se referiu a presidenta granate á posible marcha do canteirán Jorge Carrillo ao Fútbol Club Barcelona, entidade coa que se negocia na actualidade tras recibir propostas de Real Madrid ou Deportivo, Con todo a preferencia do gardameta polo club azulgrana fan que a súa marcha á Masía sexa próxima.